Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan nove golfiños varados nas praias de Vigo dende o pasado venres

Atopan nove golfiños varados nas praias de Vigo dende o pasado venres

Os animais foron localizados desde o venres en distintos areais, dende cabo Estai ata Teis

A CEMMA non desbota que os cetáceos morresen por captura accidental, xa que a maioría presentaba feridas causadas por artes de pesca

G24.gal 05/03/2024 17:27 Última actualización 05/03/2024 20:59

A Coordinadora para ou Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) informou do achado de nove golfiños comúns varados en diferentes localizacións de Vigo, entre Cabo Estai e Teis, desde o pasado venres.

O primeiro exemplar apareceu o venres coa cola danada e, posteriormente, foron chegando á costa outros oito exemplares.

Case todos os golfiños tiñan marcas de captura accidental, polo que a principal hipótese que manexan nesta asociación é que un barco os capturou o venres e a partir de aí, foron aparecendo nos areais vigueses.

Segundo CEMMA, os golfiños comúns adoitan estar fóra da ría de Vigo, aínda que en ocasións tamén se introducen nela.

Dende comezos deste ano, contabilízanse 170 varamentos. En todo 2023 foron recollidos uns 700 cetáceos mortos na costa galega.

CEMMA asegura que o 45 % dos exemplares morre por capturas accidentais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade