Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan a carón do río o corpo sen vida dun home que desaparecera o sábado en Sarria

Atopan a carón do río o corpo sen vida dun home que desaparecera o sábado en Sarria

Os bombeiros tiveron que rescatar o cadáver con cordas nunha zona de difícil acceso

G24.gal 06/05/2024 09:39 Última actualización 06/05/2024 13:48

O corpo sen vida dun home de 74 abis que desaparecera o sábado foi atopado a última hora da tarde do domingo nunha zona de difícil acceso xunto a un río en Sarria (Lugo).

En concreto, segundo informa o 112 Galicia, o cadáver apareceu no lugar de Arxevide, en Cesar. Ao parecer, o home caeu por un desnivel duns 15 metros de altura acabou á beira do río.

Por este motivo, a Garda Civil, que se fixo cargo do operativo de procura, solicitou a colaboración dos bombeiros para rescatar o corpo e trasladalo a un punto accesible para os servizos de emerxencias.

Así, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos bombeiros de Sarria, que se encargaron das tarefas de rescate con cordas para salvar o terraplén.

Todo indica que a morte do septuaxenario foi accidental. Barállase a hipótese de que se precipitase ao río das Chousas, afluente do Sarria, cando pasou ao carón da ponte que conduce ata o lugar onde residía o finado.

O rescate do cadáver non foi doado. Encontrábase a unha fondura duns dez metros, polo que os bombeiros de Sarria tiveron que baixar con cordas para subilo ao pé da estrada. A Garda Civil investiga agora as causas deste suceso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar