Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ataques contra o patrimonio: denuncian outra turista por gravar a súa inicial no Coliseo de Roma

Ataques contra o patrimonio: denuncian outra turista por gravar a súa inicial no Coliseo de Roma

Unha moza suíza de 17 anos era captada por un móbil mentres escribía o seu nome nunha das paredes do monumento romano

Polos supostos danos ao patrimonio nacional, a moza pode enfrontarse mesmo a unha pena de cárcere e ata 15.000 euros de multa

Momento no que moza grava a súa inicial no Coliseo de Roma Momento no que moza grava a súa inicial no Coliseo de Roma
G24.gal 16/07/2023 11:47

Unha moza suíza de 17 anos foi gravada en vídeo mentres escribía a inicial do seu nome nunha das paredes do Coliseo de Roma, como xa sucedeu hai algunhas semanas cun turista procedente de Reino Unido.

Tras denunciala pode ser condenada a unha pena de varios días de cárcere e a unha multa de ata 15.000 euros. A escena foi filmada por David Battaglino, un guía turístico italiano, que estaba cun grupo de estranxeiros visitando o anfiteatro cando un deles se deu conta.

Tras gravar a turista suíza que escribía a súa inicial "N" nun dos muros do Coliseo, Battaglino seguiu a moza, de vacacións coa súa familia, para denunciala ao persoal de seguridade do anfiteatro Flavio e entregar aos empregados unha copia do vídeo que logo foi visionado pola Policía.

Nel vese a moza que grava cun obxecto a súa inicial e despois aplausos e berros de desaprobación dos presentes aos que a moza reacciona cun aceno de desagrado.

Polos supostos danos ao patrimonio nacional, a moza pode enfrontarse mesmo a unha pena de cárcere e ata 15.000 euros de multa.

Hai algunhas semanas circulou en todo o mundo o vídeo de Ivan Dimitrov, que ten 27 anos e vive en Bristol coa súa parella, Hayley Bracey, que escribiu o nome de ambos tamén nas paredes do Coliseo.

Tras ser localizado, o turista escribiu unha carta de desculpas enviada á Fiscalía de Roma, ao alcalde, Roberto Gualtieri, e ao Concello da capital italiana na que aseguraba que descoñecía a antigüidade do monumento. Os dous estaban a visitar a capital italiana durante unha viaxe de tres semanas por Europa e durante unha visita ao Coliseo, o home escribiu a frase "Ivan+Hayley 23" nunha parede, como se puido ver nun vídeo colgado por outro turista nunha plataforma e que se fixo viral.

O turista foi denunciado tamén e agora terá que afrontar un proceso no que pode ser condenado igualmente a varios días de cárcere e 15.000 euros de multa por danos a bens culturais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade