Trump critica a multa á rede social de Elon Musk: "Europa vai por mal camiño"
O presidente do Consello, António Costa. di que non aceptará ameazas de inxerencia na vida política europea.
Noxenta. Así se refería Trump á multa de 120 millóns imposta pola Comisión Europea á rede social X por non cumprir as normas de transparencia.
O presidente dos Estados Unidos recoñecía tamén que non sabía moito dos argumentos da sanción pero en calquera caso ve que Europa vai por un mal camiño.
E segue con advertencias. Non quere que Europa cambie tanto e di que debe ter coidado.
Estas críticas chegan tres días despois de que publicase a nova Estratexia de Seguridade Nacional. Nese documento di que Europa terá que afrontar a desaparición da súa civilización e sinala os partidos de ultradereita como aliados no continente.
Respondeulle o presidente do Consello António Costa. Di que non aceptará ameazas de inxerencia na vida política europea.