Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aspas: "Con Luis Enrique non tiñamos plan b"

Aspas: "Con Luis Enrique non tiñamos plan b"

O dianteiro galego eloxiou a chamada aos tres máximos goleadores nacionais da Liga como son Aspas, Joselu Matu e Borja Iglesias

Foto EFE
G24.gal 23/03/2023 14:29 Última actualización 23/03/2023 14:34

Iago Aspas, capitán do Celta que está de volta á selección española, analizou o estilo do último seleccionador, Luís Enrique Martínez, e asegurou que España non tiña "plan b" e "cando fallaba o plan a, non había outros rexistros de futbolistas, o que provocou a eliminación do Mundial de Qatar para o que non foi convocado.

"Desexaba que metese gol a selección española", confesou Aspas ao ser preguntado pola impotencia que sentiu todo o país no duelo ante Marrocos que custou o pasado decembro a eliminación do Mundial.

"Con Luís Enrique tiña un modelo de xogo moi marcado para min. Desde o punto de vista de adestrador que podo ser nun futuro, non tiñamos plan b e cando fallaba o plan a, non había outros rexistros de futbolistas para dar a volta a situación", analizou.

O dianteiro galego eloxiou o cambio de liña coa chegada de Luís de la Fuente e a chamada aos tres máximos goleadores nacionais da Liga como son Aspas, Joselu Matu e Borja Iglesias:

"Agora o míster trouxo os tres máximos goleadores nacionais. Se non hai gol, non sei que máis se lle pode pedir".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar