Publicador de contidos

Publicador de contidos

Así quedan as peaxes da AP-9 despois da última suba de tarifas

Así quedan as peaxes da AP-9 despois da última suba de tarifas

As tarifas nas estradas encarecen un 4,6 %

O traxecto entre Ferrol e Tui eleva o seu custo a máis de 28 euros

Ir da Coruña a Santiago custará uns 8,8 euros; de Santiago a Pontevedra, 7,55 euros, e de Pontevedra a Vigo, 5,05 euros

Imaxe dunha autopista Imaxe dunha autopista
G24.gal 02/01/2026 11:15

A subida das tarifas que aplicou Audasa, a concesionaria da autoestrada AP-9, eleva a 28,1 euros o custo das peaxes entre Ferrol e Tui.

O Ministerio de Transportes aprobou o martes 30 de decembro a actualización das peaxes das autoestradas de titularidade estatal baixo concesión administrativa para 2026 cunha alza de ata o 4,68 %.

Pola súa banda, Audasa publicou as tarifas da AP-9 na súa páxina web, onde recolle os custos por tramos, e así o fixa en 8,8 euros entre A Coruña e Santiago, 7,55 euros entre Santiago e Pontevedra e 5,05 euros entre Pontevedra e Vigo/Puxeiros.

O percorrido Ferrol-Tui é de 28,1 euros para vehículos lixeiros, sitúase en 24,05 euros para vehículos pesados do tipo 1 e sobe a 30,6 para os pesados do tipo 2.

O tipo 1 son turismos de dous eixes e catro rodas con remolque dun eixe con roda xemelga, furgóns e furgonetas de dous eixes e catro rodas con remolque dun eixe con roda xemelga, camións de dous eixes, autocares de dous ou tres eixes e autocares de dous eixes con remolque dun eixe, camións de tres eixes e camións de dous eixes con remolque dun eixe.

O tipo 2, turismos de dous eixos e catro rodas con remolque de dous eixes e polo menos un eixe con roda xemelga, camións e autocares con ou sen remolque cun total de catro eixes ou máis, furgóns e furgonetas (de dous eixes e catro rodas con remolque de dous ou máis eixes e polo menos un eixe con roda xemelga).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade