Publicador de contidos

Publicador de contidos

Eslovaquia e Hungría recorren ás reservas de petróleo polo corte na subministración rusa

Eslovaquia e Hungría recorren ás reservas de petróleo polo corte na subministración rusa

O oleoduto que transporta o cru a través de Ucraína está afectado desde o mes pasado por ataques rusos

(Reuters/Dado Ruvic) (Reuters/Dado Ruvic)
G24.gal 18/02/2026 16:15

Os gobernos de Hungría e de Eslovaquia anunciaron este mércores que activan as súas reservas de emerxencia de petróleo ante a situación creada pola interrupción do envío de cru ruso desde Ucraína polo oleoduto, cuxo funcionamento está afectado desde finais de xaneiro por ataques de Rusia.

"Ucraína chantaxea a Hungría e pechou o oleoduto Druzhba. Temos que recorrer ás reservas estratéxicas", anunciou o primeiro ministro húngaro, o ultranacionalista Viktor Orbán, nunha mensaxe na rede social Facebook.

Hungría é o mellor aliado de Moscova na Unión Europea e compra a Rusia polo menos o 65 % do petróleo e o 85 % do gas que consume o país.

Tamén o Goberno de Eslovaquia, outro país moi dependente do petróleo ruso, anunciou que declara o estado de emerxencia ante a suspensión das subministracións por Druzhba, informa o diario Pravda.

O Executivo aprobou liberar aproximadamente a metade das reservas estratéxicas e poñelas ao dispor da empresa petroquímica Slovnaft, vinculada á húngara MOL, para que manteña fornecido o mercado local, á vez que se interrompen as exportacións a Ucraína e outros países, informa ese medio.

"Todo o que se produza irá destinado ao mercado eslovaco", afirmou o primeiro ministro, Robert Fico, sinala Pravda.

O político populista, que ten tamén boas relacións con Moscova, afirmou que o país non sufrirá escaseza de combustible.

Tanto Eslovaquia como Hungría teñen reservas estratéxicas para aproximadamente tres meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade