Publicador de contidos

Publicador de contidos

Asasinan unha nena en Portugal por unha débeda cunha bruxa

Asasinan unha nena en Portugal por unha débeda cunha bruxa

A nai da pequena debía 400 euros por unha consulta esotérica 

Hai 3 detidos, entre eles, a bruxa

Alberto Mancebo 23/06/2022 20:42

Os nosos veciños portugueses están perplexos e conmocionados polo cruel secuestro e asasinato dunha nena de 3 anos por causa dunha débeda nun servizo esotérico. 

En Setubal, ao sur de Lisboa, a policía acaba de concluír que o caso da morte dunha nena de 3 anos chamada Jessica foi por causa dunha débeda de 400 euros por unha consulta a unha bruxa.

A meniña fora ingresada o luns pasado no hospital con parada cardiorrespiratoria e non puideron salvala. Hai unhas horas sóubose que, supostamente, a nai acudiu a unha bruxa para que mantivera a relación co pai da nena e non lle pagou os 400 euros da consulta.

A bruxa o que fixo, segundo fontes da investigación, foi secuestrar a pequena Jessica e torturala ata matala. Hai 3 persoas detidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade