Publicador de contidos
Publicador de contidos

Asaltan varios negocios en Celanova e levan os cartos e a maquinaria

Asaltan varios negocios en Celanova e levan os cartos e a maquinaria

Un taller mecánico foi o último asaltado, entrarron de madrugada e escalaron un muro de cinco metros pola parte de atrás da nave

Taller asaltado en Celanova
G24.gal 15/11/2021 14:49

Un taller mecánico foi o último asaltado en Celanova. Conseguiron entrar de madrugada, escalando un muro de cinco metros pola parte de atrás da nave.

Arriba romperon o aramado e forzaron a porta de atrás. As cámaras de seguridade puideron gravar os asaltantes roubando.

Sospeitan que esa mesma noite, despois do roubo no taller, fuxiron camiñando polo monte ata un bar, esnaquizaron a porta e remexeron todo para buscar algo de valor.

Nun concesionario, entraron serrando unha reixa de ventilación. Tamén asaltaron unha distribuidora de bebidas e un matadoiro de coellos. Todo en pouco máis dun mes. Piden máis vixilancia para evitar máis asaltos.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade