Publicador de contidos

Publicador de contidos

Asaltan tres veces a mesma cafetería de Coles nunha semana

Asaltan tres veces a mesma cafetería de Coles nunha semana

As perdas para as propietarias rozan os oito mil euros

G24.gal 13/09/2022 14:27

Tres roubos nos últimos días nun mesmo local no concello ourensán de Coles teñen moi preocupadas as súas propietarias. Levan tan só 2 meses coa cafetería aberta e xa están cansas destes ataques e da sensación de inseguridade que causan tanto a elas como á súa clientela. 

Semella que os ladróns a tomaron co seu negocio e os asaltos non cesan nos últimos días. Rocío e Verónica rexentaron outro local de hostalería a poucos metros de distancia durante seis anos e, aínda que recoñecen que unha vez sufriron un roubo, o de agora resúltalles sorprendente.

En dous dos asaltos conseguiron levar parte da recadación da caixa rexistradora pero o peor, ademais da inquedanza que causan, son os danos no propio establecemento, xa que estragaron os cristais blindados das portas. En total a perda, din as propietarias, pode chegar aos 8.000 eurosAdemais dos cartos roubados, eses estragos no mobiliario son aínda visibles. Esnaquizaron os cristais blindados para acceder ao interior. 

A Garda Civil investiga os feitos, pero polo momento non hai ningún detido por estes roubos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade