Asaltan tres igrexas no Camiño Primitivo na provincia de Lugo
As igrexas de San Miguel de Bacurín , Santo Matías e San Vicente de O Burgo, na provincia de Lugo, son as que desta vez sufriron a visita dos ladróns
Os ladróns volven asaltar varias igrexas. Desta vez foi na provincia de Lugo onde os amigos do alleo entraron en tres templos. Porén, o botín non foi cuantioso.
As igrexas de San Miguel de Bacurín , Santo Matías e San Vicente de O Burgo, na provincia de Lugo, sufriron a visita dos ladróns.
Por sorte, o botín non foi extenso, onde máis levaron foi na parroquia de Bacurín, onde roubaron tres lámpadas de latón con pouco valor económico pero moito peso, polo que sospeitan que foron varios os ladróns que perpetraron o roubo. O que si provocaron foi a rotura de varias das imaxes que se empregan para as procesións
Sospeitase que entraron tras forzar as portas cunha panca, iso si, na de San Vicente de O Burgo non lograron entrar.
Agora a investigación xa está en mans da Policía Nacional de Lugo, que intentara esclarecer uns feitos que, por sorte, non terán grandes consecuencias para unhas igrexas que atópanse en pleno Camiño Primitivo
Os ladróns entraron reventando as pechaduras