Publicador de contidos

Publicador de contidos

As xogueterías son outras das protagonistas do día

As xogueterías son outras das protagonistas do día

Algúns produtos esgotados como acontece todos os anos

G24.gal 24/12/2021 18:53

Papá Noel xa está aquí e tenta pasar algo inadvertido. Chama atención ver algunhas tendas de xoguetes con pouca xente un 24 de decembro. 

Ante a falta de xente mercando nas tendas de rúa, decidimos falar con algún xoguete. Hai xoguetes que, aínda que se busquen, levan tempo esgotados.

Moi repetido tamén este ano nas cartas a Papá Noel, os xogos de mesa, de interior.

Pouca actividade na xoguetería pero, miramos fóra e sorpréndenos ver que, na libraría de en fronte, a actividade é constante.

Vendo o ambiente dunha e outra tenda, concluímos que, polo menos este 24 de decembro, baixo as árbores da Noiteboa haberá máis letras que bebés choróns ou quizais non porque a noite é longa e, oficialmente, máxica. E aínda quedan os Reis. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar