As vitorias do Obradoiro pasan por recuperar a confianza no lanzamento exterior
Xogan o domingo diante de Baskonia, unha das pistas máis difíciles da ACB
Os santiagueses levan catro derrotas seguidas e están cun triunfo de marxe sobre o descenso
Non atopa o Monbus Obradoiro no mercado un base con experiencia. O equipo de Moncho Fernández xoga o domingo na pista do Baskonia, un equipo que este venres disputa o seu partido da Euroliga diante de Valencia Básket. O Obradoiro, que leva catro derrotas consecutivas e só está un triunfo por riba do descenso, agarda aproveitar o desgaste europeo do seu rival.
Onde ten un problema maiúsculo o Monbus Obradoiro é coa efectividade no lanzamento de tres. Os de Moncho Fernández son o equipo da ACB que menos triplas converten. Para Moncho Fernández esta circunstancia está marcando a temporada.