Publicador de contidos
Publicador de contidos

As vítimas mortais nas estradas galegas medran un 50 %

As vítimas mortais nas estradas galegas medran un 50 %

Pere Navarro anuncia en Santiago medidas contra o "alarmante" aumento da sinistralidade

Haberá máis axentes, máis controis e dez novos radares en Galicia

G24.gal 30/04/2024 15:02

Alarma nas estradas galegas. No que vai de 2024 morreron ao volante 37 persoas, un 50 % máis ca o ano pasado.

"Un aumento do 50 % significa alarma, atención, a tendencia está cambiando. Se vemos os detalles a maioría dos sinistros mortais en Galicia son turismos, afectan unha franxa de idade entre 45 e 54 anos, e son, basicamente, choques frontais" explica o Director Xeral de Tráfico, Pere Navarro.

Durante a visita ás novas instalacións do destacamento de Tráfico de Santiago, Pere Navarro sinalou que o alcol, as drogas e o exceso de velocidade están detrás de moitas das mortes. Por iso van reforzar os controis en todo o Estado, cun plan de choque que inclúe máis radares en Galicia.

"Figuran para Galicia dez radares novos, cinco de puntos de control e cinco de tramo. Imos ultimamente máis cara ao radar de tramo porque un pode exceder a velocidade nun punto calquera, pero xa se o fai nun tramo de dous ou tres quilómetros xa é máis difícil", comenta o responsable de Tráfico.

Ademais, Navarro fixo un chamamento á prudencia ao volante evitando despistes e tensións, máis aínda estes días en que se agardan milleiros de desprazamentos pola ponte festiva do primeiro de maio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade