Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reviven lucenses singulares nas visitas teatralizadas ao camposanto de San Froilán

Reviven lucenses singulares nas visitas teatralizadas ao camposanto de San Froilán

É unha iniciativa para dinamizar o cemiterio e homenaxear persoas que viven na memoria colectiva

G24.gal 15/09/2024 20:09 Última actualización 15/09/2024 21:08

En Lugo, continúan as visitas teatralizadas ao cemiterio de San Froilán, unha forma de dar notoriedade a persoaxes con gran pegada na cidade e que repousan neste camposanto.

Desta volta deuse todo o protagonismo a lucenses singulares coma Currinche, Madalena ou Merceditas, a petateira.

O cemiterio de Lugo recupera por un día a veciños que tempo atrás deixaron a súa pegada na memoria colectiva. 

Difíciles de encaixar, pero que formaban parte da paisanaxe lucense, os personaxes van aparecendo conforme avanza a visita polo cemiterio. Estamos a falar de Caín, vendedor de lotaría ou Madalena.

É unha forma de reivindicar a súa presenza agora que xa no están. A iniciativa enmárcase no programa de dinamización do camposanto lucense, recoñecido como un dos máis bonitos do mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos