Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido en Arteixo Vázquez Patiño, reclamado por pederastia e un dos 10 máis buscados de España

Detido en Arteixo Vázquez Patiño, reclamado por pederastia e un dos 10 máis buscados de España

Está reclamado por abusos e agresións sexuais a unha nena de 10 anos

G24.gal 22/01/2026 19:19 Última actualización 22/01/2026 21:13

A Policía Nacional detivo en Arteixo a Daniel Vázquez Patiño, reclamado por abusos e agresións sexuais a unha nena de 10 anos.

Durante o arresto, Patiño tentou acoitelar un axente do Grupo Operativo Especial (GOE) que formaba parte do dispositivo habilitado para a detención.

O home, de 46 anos, figuraba na lista de dez máis buscados pola Policía.

Nunha nota emitida o pasado novembro, o Ministerio do Interior describiu este delincuente como “altamente perigoso”.

Era un dos tres fuxitivos galegos máis buscados, xunto a Martiño Ramos, o profesor arrestado en Cuba tras fuxir a esa illa despois de ser condenado a 13 anos de prisión por abusos sexuais con sadismo a unha menor, ademais do traficante Juan Miguel García Santos.

Da lista dos dez, coa detención de Vázquez Patiño xa caeron cinco dos dez máis buscados de 2025.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade