Publicador de contidos

Publicador de contidos

As vilas termais reclaman a titularidade pública das augas mineromedicinais

As vilas termais reclaman a titularidade pública das augas mineromedicinais

O sector experimenta un aumento de visitantes dende a pandemia

Queren reforzar a imaxe dos balnearios como espazos familiares

G24.gal 11/03/2023 13:20 Última actualización 11/03/2023 13:45

Representantes de vilas que contan con balnearios e augas termais reúnense estes días na Arnoia para analizar o futuro do sector do termalismo e para presentar as súas propostas. Consideran que a situación actual é positiva pero son conscientes de que queda traballo por diante.

Un dos principais obxectivos é conseguir que as augas mineromedicinais pasen a ser de titularidade pública, como xa aconteceu noutros países europeos, tamén fomentar as visitas aos balnearios dende a infancia.

Queren rachar coa imaxe que asocia estes lugares con persoas maiores e doentes. Lembran que se trata dunha práctica saudable para toda a familia e que dende a pandemia se produciu un cambio no perfil da clientela porque a saúde é o máis importante.

Ourense é a provincia termal por excelencia en España e por iso acolle cada dous anos a feira Termatalia. Nesta edición, o evento desprázase ata o Uruguai para intercambiar experiencias. A asemblea de entes locais con augas minerais e termais celebrarase en 2024 en Guitiriz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade