Publicador de contidos

Publicador de contidos

"El palacio del agua", unha novela con trama criminal no balneario de Mondariz

"El palacio del agua", unha novela con trama criminal no balneario de Mondariz

É a segunda novela da autora Laura Portas

Amosa o esplendor do balneario nos anos 20 e as diferenzas sociais entre hóspedes e servizo

G24.gal 24/01/2026 14:50 Última actualización 24/01/2026 15:31

El palacio del agua, a segunda novela da cambadesa Lara Portas converte o Balneario de Mondariz en escenario dunha historia marcada por paixóns prohibidas, tramas criminais e diferenzas sociais nos anos 20.

A comezos do século pasado o Balneario de Mondariz competía coas vilas termais europeas pola calidade das súas augas medicinais. Foi lugar de encontro e descanso da alta sociedade, con figuras como Emilia Pardo Bazán ou Benito Pérez Galdós, que neste libro se agochan detrás de Amalia e Benedito.

"Eu como galega coñecíao polas súas augas, pero escapábame o fondo histórico que ten. Entón empecei a ver que tiña moeda propia, unha publicación... E decátome de toda a elite social, política e cultural que acudía aquí. Iso xa me dá a pista de que reunía moitos ingredientes para contar unha boa historia", relata Laura Portas, autora do libro.

No libro a vida do Gran Hotel mestúrase coa das fondas, o mercado ou as tabernas e amosa a confluencia dos dous mundos nun mesmo espazo: o da veciñanza e o servizo por un lado e o dos hóspedes ilustres polo outro.

"Quería facer unha homenaxe ao noso patrimonio e recuperar o esplendor que tivo na súa época dourada. Por iso a novela reflicte os anos 20, unha época moi convulsa, que me axuda a reflectir as diferenzas de clases sociais: entre a Galicia rural que está dos muros para fóra e o luxo que está dentro"

Unha trama criminal envolve a historia entre augas termais cunha voz feminina que protagoniza o relato. Xa está nas librarías.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar