Publicador de contidos

Publicador de contidos

As últimas tecnoloxías de rescate exhíbense nas xornadas de protección civil

As últimas tecnoloxías de rescate exhíbense nas xornadas de protección civil

500 efectivos de España e Portugal participaron nunhas xornadas de convivencia en Ourense

Simulacro de rescate no encoro de Velle
G24.gal 22/10/2022 19:45 Última actualización 22/10/2022 20:33

Un dron acuático asoma entre as augas do encoro de Velle. A súa misión é indagar nas augas profundas, coma un mergullador pero con control remoto.

"Hai zonas como pozos estreitos aos que non pode baixar unha persoa e, con este equipo que leva un cable, podemos baixar e ver que hai", asegura José Luís Gago, piloto de drons de emerxencias.

A poucos metros, tamén augas arriba da presa, o equipo acuático de Protección Civil participa nun rescate no río Miño. Non hai perigo, é unha simulación dunha intervención en moto acuática con padiola incorporada, un dos métodos máis eficaces para unha actuación de urxencia.

"A rapidez. Nós, grazas a estas embarcacións, chegamos moito máis rápido ás vítimas, pero tamén hai que ter en conta os riscos: o río ten pouco calado, moitas pedras...", explica Ramón Vila, de servizo acuático de Protección Civil de Ourense.

Nestas xornadas de convivencia de Protección Civil tamén hai talleres en estrada. Ata un treito de rally, co Alpinche como protagonista. Nun contexto así, garantir a seguridade do público asistente é a prioridade para protección civil.

"Un rally adoita ter 15 ou 20 quilómetros. Aquí son só 200 metros, pero o importante é que vexan como actuar. O máis importante, sempre, é garantir a seguridade do público, que debe situarse en lugares altos", aclara Manuel Fernández, de Protección Civil de Ourense.

A agrupación de Protección Civil de Ourense foi a anfitrioa destas xornadas ás que se sumaron bombeiros e Garda Civil e nas que participaron máis de 500 efectivos de España e Portugal.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade