Cargando resultados...
As treboadas dan paso á calor, especialmente no sur de Galicia
As treboadas dan paso á calor, especialmente no sur de Galicia
A provincia de Ourense volve rexistrar as máximas, que roldan os 30º
As praias tamén se animaron esta tarde
G24.gal
14/06/2023 20:35
Última actualización 14/06/2023 20:50
Vinte e nove graos marcou o termómetro esta tarde en Ourense. Sobre a ponte vella de Ourense, a sensación de calor é aínda maior. "Eu veño sempre con paraugas porque o sol faime moito dano", comenta unha veciña.
As nubes, por primeira vez en días, non anuncian treboada e a novidade ata colle por sorpresa os ourensáns, que xa non saben nin a que aterse.
"Hoxe vai unha calor incrible, pero pola mañá frío, de repente ponse a chover...", explica unha muller.
Na costa non subiu tanto o termómetro, pero o suficiente para animar unha xornada de praia.
A fin de semana aumenta, de novo, a probabilidade de chuvia e mesmo outra vez treboadas.