As treboadas deixan mil raios e chuvias puntualmente intensas en Galicia
Alerta amarela por treboadas para este mércores nas provincias de Pontevedra, Ourense e sur de Lugo
As treboadas comezaron a descargar na tarde deste martes no sur de Galicia, de forma que van avanzando cara ao norte co paso das horas.
MeteoGalicia pediu por iso "moita precaución" aos condutores debido ás fortes choivas e sarabia.
O radar de MeteoGalicia detectou mil raios caídos na comunidade galega nas últimas horas.
Todo iso nunha xornada en que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou a alerta amarela nas catro provincias por tormentas vespertinas.
🛰️⛈️ Las tormentas de esta tarde, vistas desde el Meteosat.
— AEMET (@AEMET_Esp) April 28, 2026
⚠️ Miércoles: tormentas fuertes en el interior peninsular, con granizo y vientos muy fuertes.
➡️ Son fenómenos locales, pero pueden ser muy intensos: posibles inundaciones y caída de ramas u objetos. Precaución. pic.twitter.com/5SSMMSeAue
Alerta amarela por treboadas este mércores nas provincias de Pontevedra, Ourense e sur de Lugo
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou a alerta amarela para este mércores nas provincias de Pontevedra, Ourense e sur de Lugo por treboadas.
O aviso da Aemet vai desde as 9,00 ás 21,00 horas do mércores.
Prevense treboadas localmente fortes e posible saraiba.