Publicador de contidos

Publicador de contidos

O verán meteorolóxico arrinca coa ameaza de máis calor

O verán meteorolóxico arrinca coa ameaza de máis calor

O verán meteorolóxico facilita a análise e comparación da evolución climática

Xuño, xullo e agosto: a referencia dos meteorólogos para estudar as temperaturas

G24.gal 01/06/2026 14:43

O 1 de xuño comeza o verán meteorolóxico, usado polos especialistas para analizar o clima e que non coincide co verán astronómico, que chegará o 21 de xuño. Mentres, a calor destes días xa fai pensar que o verán chegou.

Unha veciña asegura que para ela o verán xa comezou: "Eu xa o dou por iniciado".

Outro veciño coincide: "Coa calor que vai, xa é verán. Xa chegamos aos 33 e 34 graos".

Pola súa banda, outra veciña relata: "Xa quitei a manta da cama, volvina poñer e agora téñoa que volver quitar".

Os meteorólogos empregan esta división do ano en tres meses —xuño, xullo e agosto— para analizar de forma estandarizada o comportamento do clima e comparar a evolución das temperaturas entre distintos anos.

Segundo explica o meteorólogo, "pola posición do Sol as temperaturas son máis altas, polo que a Organización Meteorolóxica Mundial considera que o verán meteorolóxico vai do 1 de xuño ao 31 de agosto".

As previsións apuntan a un verán máis cálido do habitual en Galicia, aínda que tamén se esperan períodos puntuais de temperaturas máis suaves.

O verán, ainda que sexa o meteorolóxico, agora si, xa chegou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade