As tendas de barrio reinvéntanse para competir coas grandes superficies
Ofertan comidas para levar e unha selección de produtos de calidade ao estilo dos ultramarinos
Estancos, bares e tendas convértense en centros de recepción de paquetería de compras online
No cartel pon carnicería, pero nunha tenda de Oleiros os filetes conviven con froitas e verduras seleccionadas, queixos, viños e comidas para levar. Mesmo hai sofá e unha billa con cervexa de cortesía para os que agardan a súa quenda.
"Temos difícil sobrevivir pero o facemos ofrecendo o que os grandes non poden dar, un trato familiar e calidade moi seleccionada", di Nemesio Cotón, o propietario da carnicería Curtis.
Un modelo de negocio cun pouco de todo, ao estilo dos antigos ultramarinos, que regresan aos barrios ofrecendo diversidade, confianza e frescura. Os clientes comentan que prefiren pagar algo máis a cambio da calidade do produto, do trato personalizado e de apoiar ao comercio do barrio.
No estanco do lado pódense sacar cartos, mercar aperitivos e tamén recoller paquetes de compras en liña. Din que o tabaco non lles deixa moita marxe, e como baixaron as vendas de prensa ou selos, cómpre buscar alternativas.
"Os sistemas de envío de cartos ou ser un lugar para recibir e devolver paquetería nos axuda a complementar, aínda que sexa un pouco, os beneficios que deixa o tabaco", explica Mónica Díaz, propietaria deste estanco de Santa Cruz de Oleiros.
Pequenos negocios que sacan peito fronte aos xigantes comerciais, mantendo de paso a vida nas rúas das vilas.