Cargando resultados...
Baixan as temperaturas, que xa piden saírmos ben abrigados
Primeiras nevaradas na alta montaña de Lugo e Ourense
Paisaxe de outono no parque Rosalía de Castro de Lugo
G24.gal
04/11/2021 13:50
Os termómetros continúan en descenso e marcando temperaturas moi baixas que obrigan a saírmos á rúa ben abrigados.
A neve fai xa acto de presenza nas zonas de alta montaña de Lugo e Ourense e mentres que en Manzaneda fan xa probas na súa estación de esquí, no Cebreiro callan as primeiras folerpas.
Na rúa hai quen di que hai que saber convivir con este tempo frío, tamén quen bota en falta o verán e mesmo atopamos persoas afeitas a temperaturas moi altas que agora agradecen o clima galego.
Conforme abre o día van ascendendo as temperaturas e vanse retirando as bufandas.
O sol protagonizará o ceo nos vindeiros días, e dará paso ao verán de San Martiño, pero as temperaturas seguirán en descenso.