Publicador de contidos

Publicador de contidos

As temperaturas de Galicia en xullo superaron en 2,7 graos a media desde hai 40 anos

As temperaturas de Galicia en xullo superaron en 2,7 graos a media desde hai 40 anos

A media das temperaturas máximos superou en 3,9 graos á media desde 1981

As temperaturas mínimas foron un 1,54 °C máis cálidas que a media desta serie histórica

G24.gal 08/08/2022 13:49

As temperaturas rexistradas en xullo pasado en Galicia son de 2,7 graos centígrados superiores á media das medicións do últimos corenta anos, segundo Meteogalicia.

"As temperaturas máximas (+3,9 ºC) foron extremadamente cálidas, mentres que as mínimas (+1,54 ºC) foron moi cálidas", segundo eses datos divulgados por Meteogalicia e dos que hoxe informa a Consellería de Medio Ambiente nun comunicado.

Nese sentido, observa que "tanto nas máximas como nas medias" de temperatura, "a anomalía en xullo foi a máis elevada da serie desde 1981".

Galicia tivo un mes de xullo "extremadamente cálido" en temperaturas con "unha onda calor histórica entre os días 11 e 15", advirte e subliña que as temperaturas superaron eses días os 40 graos en varios puntos de Galicia, chegando mesmo a 44 graos en Ourense na tarde do día 14.

Esa mesma tarde desatouse unha tormenta procedente do norte de Portugal que "disparou de forma súbita e rápida" en Galicia con máis de 6.000 raios en menos de catro horas.

Apunta, con todo, que xullo foi "moi seco" co choiva "escasa en xeral" e unha repartición "moi desigual", xa que a maior parte das precipitacións "tiveron un carácter convectivo".

A choiva máis importante foi a tarde e noite do 3 e do 14 de xullo, pero con "precipitacións moi escasas ou mesmo nulas" nalgunhas zonas. A precipitación media acumulada de choiva foi de 11 litros por metro cadrado en xullo, con maior intensidade na comarca de Terra de Lemos e nalgunhas de Terra de Caldelas, Allariz-Maceda e norte de Limia con valores que puntualmente alcanzaron os 82 litros por metro cadrado.

Ao contrario, en Vigo e no Condado non houbo choiva. Os expertos do instituto meteorolóxico galego atribúen esa "grande anomalía" de temperaturas e de precipitacións nas "altas presións predominantes" en xullo que "impediron a chegada de influencias atlánticas" e acumularon "masas de aire moi cálido procedentes do norte de África e do sur da península ibérica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade