Publicador de contidos

Publicador de contidos

As subas da luz, combustibles e transporte obrigan aos hostaleiros a revisar os prezos

As subas da luz, combustibles e transporte obrigan aos hostaleiros a revisar os prezos

As facturas que antes eran de 500 euros, agora soben ata os 900

G24.gal 26/10/2021 22:06

As facturas da luz dispáranse na hostalería que non poden escoller a franxa diaria máis barata para prender neveiras, cociñas ou máquinas de café, ao que cómpre sumar que os provedores sofren as mesmas subas e encarécenlles os prezos dos produtos. Para que lles saian as contas van ter que revisar e subir os seus prezos mal que lles pese, xa que son conscientes de que os clientes van acusalo, tras ano e medio de restricións e con moitas ganas de saír.

Coa factura da luz máis cara da historia e mailo encarecemento das materias primas, combustibles e transporte, aos hostaleiros non lles dan as contas. Facturas de 500 euros de luz mensuais subiron ata os 900 euros, e isto antes de que chegue o frío. 

Antonio García, hostaleiro, di que está "sobre os 800-900 euros, antes pagaba 500, e iso antes de poñer calefacción, o butano tamén subiu"

Despois dunha pandemia en que moitos tiveron que pedir créditos ICO ou facer ERTE, os hostaleiros din que non poden facer outra cousa máis que revisar os seus prezos á alza para facerlles fronte ás facturas cun consumo frouxo xa en temporada baixa, que agardan recuperar con vistas ao Nadal, de novo sen restricións pero previsiblemente coas consumicións máis caras.

Tamén teñen que sumarlle as subas que aplican os provedores. Con todo, confían nas ganas de recuperar a normalidade dos clientes en datas festivas en que volverán xantares, ceas e todo tipo de celebracións numerosas fóra da casa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade