Publicador de contidos

Publicador de contidos

España recibiu 25,6 millóns de turistas estranxeiros ata abril, un novo récord

España recibiu 25,6 millóns de turistas estranxeiros ata abril, un novo récord

Un 7,1 % máis en comparación co mesmo período de 2024

María José López/Europa Press María José López/Europa Press
G24.gal 02/06/2025 10:57

España recibiu 25,6 millóns de turistas estranxeiros nos primeiros catro meses do ano, un 7,1 % máis en comparación co mesmo período de 2024, o que supón un novo rexistro de récord, segundo os datos que difundiu este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE).

O gasto asociado a este fluxo turístico tamén marcou un novo rexistro, con 34.332 millóns de euros desembolsados polos non residentes, un 9,3 % máis que entre xaneiro e abril de 2024.

Só en abril España recibiu 8,6 millóns de turistas, un 10,1 % máis en taxa interanual e a cifra máis elevada da serie histórica, aínda que hai que ter en conta que este ano a Semana Santa celebrouse neste cuarto mes do ano.

Os turistas gastaron 10.826 millóns de euros en abril, un 14,2 % máis, o que tamén foi unha cifra de gasto inédita.

Cada viaxeiro desembolsou no cuarto mes do ano unha media de 1.264 euros, en tanto que o gasto medio por día alcanzou os 187 euros, un 0,9 % máis.

A duración da estancia maioritaria entre os turistas foi de catro a sete noites, con case 4,5 millóns de rexistros e un aumento en taxa interanual do 13,6 %.

O ano pasado, os destinos españois recibiron a vista de 23,92 millóns de estranxeiros; en 2023, a cifra foi de 20,93 millóns de persoas e en 2022, 15,83 millóns.

O capítulo de gasto tamén creceu paulatinamente desde 2022 a un ritmo de cifras récord: 31.412 millóns en 2024, 25.704 millóns en 2023 e 18.802 millóns en 2022.

Os viaxeiros procedentes do Reino Unido mantiveron no primeiro cuarto do ano a súa hexemonía na lista de países emisores, co 16,1 % do gasto acumulado total e máis de 4,7 millóns de visitantes (6,7 % máis).

Só en abril, chegaron a España para facer turismo 1,6 millóns de residentes no Reino Unido (un 11,1 % máis).

Tras o gasto efectuado polos viaxeiros destas illas situouse o procedente dos turistas de Alemaña (13,1 % do total e 3,3 millóns de persoas) e de Francia (8,1 %), este último país con 3,4 millóns de visitantes (8,3 % en taxa interanual).

Por comunidades autónomas, o maior gasto entre xaneiro e abril rexistrouse nas Canarias, co 25,6 % do total desembolsado polos estranxeiros chegados a España e en plena tempada alta no arquipélago.

Tras as Canarias e por desembolso, Cataluña situouse como a segunda rexión onde os turistas gastaron máis nas súas viaxes, co 16,6 % do total, por diante de Madrid (15,8 % do gasto total).

Por número de visitas de estranxeiros só en abril, Cataluña figurou á cabeza, co 20,3 % do total (1.739.724 millóns de turistas, un 3,3 % máis); seguida por Andalucía, co 16,2 % (1.388.579 persoas, 15,5 % máis), e Baleares, co 15,8 % (1.357.216 viaxeiros, un 13,4 % máis). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade