Publicador de contidos

Publicador de contidos

Consumo insta a Airbnb a quitar de maneira inmediata 65.000 anuncios ilegais de pisos

Consumo insta a Airbnb a quitar de maneira inmediata 65.000 anuncios ilegais de pisos

Indica que se vulnera a normativa ao non incorporaren os anuncios o número de licenza ou rexistro, entre outros requisitos

Foto de arquivo (Europa Press/ Friso Gentsch)
G24.gal 19/05/2025 09:15

Consumo pediu a Airbnb que de maneira inmediata retire máis de 65.000 anuncios ilegais de vivendas turísticas aloxadas na súa plataforma ao incumpriren a normativa sobre publicidade deste tipo de aloxamentos.

Nos últimos meses, o ministerio que dirixe Pablo Bustinduy remitiu a Airbnb ata tres resolucións nas que se notificaron eses máis de 65.000 anuncios ilegais de vivendas turísticas que se detectaron na súa plataforma e instou a empresa a bloquear esta publicidade.

Airbnb recorreu nos tribunais contra a acción de Consumo e agora un auto do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid (TSXM) pronúnciase sobre unha das resolucións e apoia a iniciativa do ministerio e insta a multinacional a eliminar da súa plataforma unha primeira quenda de 5.800 anuncios que incumpren a lexislación.

Os anuncios sobre os que se pronunciou o TSXM no auto afectan á publicidade de vivendas turísticas que se atopan nas comunidades autónomas de Andalucía, Madrid, Cataluña, Valencia, Illas Baleares e País Vasco.

A través da Dirección Xeral de Consumo, o Ministerio de Consumo instou a filial en Irlanda desta multinacional a eliminar 65.935 anuncios, ao consideralos ilícitos por contraviren a normativa sobre a publicidade deste tipo de aloxamentos turísticos.

En concreto, vulnérase a normativa ao non incorporaren os anuncios o número de licenza ou rexistro (a infracción máis común na publicidade que foi analizada), non indicaren a natureza xurídica dos arrendadores ou os números de licenza non corresponderen aos expedidos polas autoridades. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade