Publicador de contidos

Publicador de contidos

As restricións de auga recuperan a tradición dos caldeiros na Festa da Auga de Vilagarcía

As restricións de auga recuperan a tradición dos caldeiros na Festa da Auga de Vilagarcía

Auga por duplicado: en caldeiros desde os balcóns e en chuvia desde o ceo

G24.gal 16/08/2022 20:58

Tras unha noite para moitos sen durmir por andar de troula, uns minutos antes do mediodía saía a imaxe de San Roque en procesión, e igual que os seus devotos, ben tapado ante unha chuvia que só desanimou os de fóra. Os vilagarciáns din que houbo a metade de xente, pero que así a festa quedou para os da vila. 

A pregoeira deste ano foi a xogadora de baloncesto Sara Gómez, quen, subida a un guindastre, desatou a festa ao xa tradicional berro de "Viva San Roque".

A chuvia foi unha invitada ben recibida na Festa da Auga, minguada este ano polas restricións da seca: non houbo mangueiras dos bombeiros, pero para moitos foi unha volta á tradición.

Nas casas da coñecida como "zona húmida" abastecéronse ben de caldeiros e algunha mangueira para guindar auga á rúa, onde as raíñas absolutas foron as pistolas de auga canda os chuvasqueiros. Os comerciantes bateron récord de vendas de chuvasqueiros nestas festas e case esgotan as existencia de pistolas de auga.

A Festa da Auga é unha das máis populares e atrae xente de todas as idades e de todo Galicia. Disque comezou en 1984 de casualidade cando os portadores de San Roque pedíronlle á xente que lles botara auga pola calor. Trala pandemia, os vilagarciáns tiñan moitas ganas de recuperala.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade