Publicador de contidos

Publicador de contidos

As redeiras acollen con cautela o anuncio de cambios para o seu retiro laboral

As redeiras acollen con cautela o anuncio de cambios para o seu retiro laboral

O Goberno anunciou que poderán adiantar a idade de xubilación, pero están á expectativa das condicións que marcará a norma

O número de redeiras en Galicia baixou das 500 que había en 2018 ás menos de 350 da actualidade
G24.gal 25/05/2022 12:45

A nova do Goberno que vai adiantar a idade á que se poden xubilar as redeiras acolleuna o colectivo con satisfacción, mais certa sorpresa. E iso que é un avance que veñen reivindicando desde hai preto de vinte anos debido á penosidade do seu traballo. Considérano un paso importante, pero expresan moita cautela.

Pilar Nogueira, presidenta da Asociación de Redeiras de Cangas: "Estamos de en hora boa. Pero, pouco a pouco. Isto é unha pequena batalla dentro dunha gran loita que temos. Aínda temos que seguir loitando -si é verdade que temos gañado de momento o coeficiente redutor - ata que saía todo en papel".

 Pilar Nogueira facía esta avaliación nunha paréntese da faena onda outras compañeiras de oficio. O colectivo está ansioso de ver publicada a norma que regulará cando e como poden adiantar o paso de traballadora a pensionista. Polo que nos di a voceira das redeiras de Cangas, a clave agora está en dous aspectos:

"Adiantar a idade de xubilación, peor que sexa con carácter retroactivo e que esa posibilidade sexa con custo cero. Iso é o que pretendemos".

O número de redeiras en Galicia foi a menos e non chegan a 350. Por iso, tamén piden outras accións dos gobernos para favorecer a formación e mellorar as condicións de traballo para que o relevo xeracional neste oficio sexa realidade.

O Goberno anunciou o adianto da idade de retiro laboral das redeiras o pasado 17 cando presentou a Lei de Pesca Sostible e Investigación Pesqueira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos