Publicador de contidos

Publicador de contidos

As rebaixas de verán non esperan polo mes de xullo

As rebaixas de verán non esperan polo mes de xullo

As firmas adiantan a campaña de descontos estivais

G24.gal 22/06/2022 20:02

As rebaixas de verán xa non esperan polo mes de xullo, como viña sendo tradicional. E non só se adiantan nas tendas físicas, tamén nas plataformas de comercio electrónico. 

Falamos de rebaixas de verán case que por tradición e por efecto dalgún dos xigantes da moda que empeza esta noitiña a aplicar os seus grandes descontos, cousa que, por outra parte, xa levan, desde os derradeiros días da primavera, facendo algunhas firmas de roupa, sobre todo no comercio electrónico, onde xa mercan catro de cada dez galegos, polo menos, unha vez á semana. 

Internet mudou o consumo e os costumes, tamén o das rebaixas.

As campañas de descontos son tradicións que conservan algunhas firmas e, sobre todo, o pequeno comercio. 

Segundo unha plataforma de ofertas online, Galicia é unha das comunidades en que máis se utilizan os buscadores de produtos rebaixados. A moda concentra o 78 % das pesquisas e catro de cada dez consumidores acaba mercando en Internet máis dunha vez á semana. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos