As Rías Baixas rozan o completo nestes días de ponte
A ocupación situouse no 95 % e algúns establecementos colgaron o cartel de completo
Os turistas enchen Galicia nesta ponte festiva. A ocupación media chega ao 85 % e hai zonas onde hai un cheo case total. É o caso de Sanxenxo que volve a ser o epicentro do turismo no país.
Moitos establecementos da vila mesmo colgaron o cartel de completo. En toda a zona das Rías Baixas a ocupación foi superior á do resto de Galicia e rozou o 95 %. Os que estes días nos visitan non buscan sol, queren tranquilidade e boa comida.
Os que portan as maletas veñen de preto. A maioría do centro e do norte de España. Tamén nos visitan dende o país veciño.
Hai que aproveitou para coñecer un pouco máis a súa comunidade. O bono turístico da Xunta animou aos movementos internos.
Moitos establecementos manexan estes días cifras iguais ás de antes da pandemia. O sector cree que esta ponte vai marcar o inicio da recuperación completa.