Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ás portas de San Valentín, xa están volvendo os detalles máis clásicos

Ás portas de San Valentín, xa están volvendo os detalles máis clásicos

Flores e xoias seguen triunfando e os comercios xa notan maior afluencia de clientes que buscan o agasallo para a ocasión

G24.gal 12/02/2024 21:22 Última actualización 12/02/2024 21:40

Nas vésperas de San Valentín, xa sorprende o número de clientes que se achegan aos comercios para seguir mantendo a tradición dos detalles.

Karina, florista, calcula que sobre as seis da tarde xa atendera medio cento de persoas que querían encargar ou recoller o agasallo para o Día dos Namorados. As rosas vermellas continúan sendo as raíñas, mais tamén lle piden moita cúpula e corazóns. Sobre os clientes di que o amor non ten idade, que lle pode vir dende un neno de 10 anos a un señor de 80. 

Digna, dende a xoiería veciña, cre que o San Valentín vivirá sempre. Tamén ela atendeu durante toda a xornada namoradas e namorados que, a dous días do 14 de febreiro, pretenden deixar xa listo o detalle. Asegura que son moi boas datas para este tipo de negocio. 

Os escaparates xa locen corazóns, pero na rúa latexa o vello debate de se vivir con ilusión ou non o Día dos Namorados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos