Somos románticos e románticas en Galicia? Así se celebra o San Valentín
Difícil evadirse dunha data en que os reclamos comerciais e estímulos están por todos os recunchos
Difícil evadirse dunha data en que os reclamos comerciais e estímulos están por todos os recunchos. Na florería Carmiña de Bertamiráns, en Ames, non escatimaron en detalles. E é que flores e xoias seguen sendo agasallos estrela cada 14 de febreiro como contan Carina Rarís, florista, e Digna Malvar, que rexenta a xoiaría The Shop.
Hai quen opta por poñerlle un toque doce á data. Manuel Cajuso, do Forno da Barcia, e Iolanda Soñora, da Pastelaría San Miguel, aseguran que bombóns e doces con forma de corazón son produtos estrela estes días. E os corazóns ou outros motivos tamén se tatúan. Un dos presentes con máis auxe nas parellas novas ou entre amigos..., porque amores hai de moitos tipos.
Hai amores novos e de vello e, ademais de coidalo cada día, queren demostralo especialmente nesta data como contan algúns viandantes. Algún quere manter o misterio e o seu agasallo en segredo, pero a cámara da Galega captou o momento en que saía da florería cunha rosa na bolsa da compra. Incógnita despexada. Pode que o segredo teña forma de rosa e vaia agochado na bolsa da compra.