Publicador de contidos

Publicador de contidos

A coincidencia entre o nome dun barrio de Fene e o día do amor converten a data nunha dobre celebración

A coincidencia entre o nome dun barrio de Fene e o día do amor converten a data nunha dobre celebración

Van repartir 250 rosas entre as mulleres 

Nin o vento nin as chuvieiras lles van augar a festa de San Valentín

G24.gal 13/02/2026 14:08

Comeza a conta atrás para celebrar o día máis romántico do ano. Para algúns.

"É o mellor día". "Eu non estou namorada. Levo 56 anos casada. Como vou estar namorada. Quéroo como un amigo". "Pois eu estou moi namorada e levo co meu home 51 anos".

O calendario quixo que o día de San Valentín coincida coas festas patronais deste barrio de Fene que leva o mesmo nome.

"Imos repartir 250 rosas, xa envoltas en plástico, entre as mulleres do barrio". "É un detalle moi bonito". "Hoxe xa hai festa. Mañá haberá verbena e o domingo unha churrascada".

Pero hai quen di non estar namorado e que en vez de agasallar flores ou bombóns intentará agasallar bailes na festa.

"Na festa un baile si". "Ben, pois baixaremos a bailar e ao que faga falta". "Aquí imos seguir celebrando o amor malia o mal tempo".

Porque a estes feneses nin o vento nin as chuvieiras lles van augar a festa de San Valentín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade