A terminoloxía da Xeración Z para falar do amor e as relacións
Termos novos, procedentes do inglés e que moitos nin entenden
No Día do Amor os mozos axúdannos a entender novos conceptos.
"Love bombing é cando che din moitas cousas bonitas para comerche a orella e despois queda en nada, fanche o ghosting".
Pero... que é iso do ghosting? Ghosting, shippear ou love bombing...
"Cando falas con alguén e parece que hai moito interese e despois deixa de falarche".
Saquen papel e boli, porque a cousa non acaba aquí.
"Cringe é que dá noxo ou vergoña".
"Ter un crush é que alguén che gusta, cousas sinxelas pero que as complicamos".
Hai unha longa lista de termos que nunha mesma casa non se entenden igual.
"Cando ves dúas persoas que fan boa parella, pois shippealas para que estean xuntas".
"A min iso sóame a chinés".
E é que se preguntamos a outras xeracións, as caras son de sorpresa.
"Ghosting? nin idea".
"Orbiting? Nada".
"Love bombing? Love, amor, e bombing pois será unha bomba de amor, eu que sei. De como ligaba eu a como ligades agora, miña nai, que diferencia".
Xa ven, perduran flores e corazóns, pero á hora de mocear o vocabulario é ben diferente.