Publicador de contidos

Publicador de contidos

As Pontes vive pendente da evolución de César Román, intervido na Habana

As Pontes vive pendente da evolución de César Román, intervido na Habana

Os seus irmáns viaxaron a Cuba para acompañalo no hospital

G24.gal 08/05/2022 14:15 Última actualización 08/05/2022 14:28

César Román permanece ingresado nun hospital da Habana, onde foi intervido de urxencia con éxito das graves lesións ocasionadas pola onda expansiva. 

Nas Pontes agardan boas novas e que se esfume a mala sorte que situou a parella nas proximidades do hotel no momento da explosión.

A viaxe foi un agasallo de Cristina polo trixésimo aniversario de César. Os médicos que o atenden no hospital onde foi intervido de urxencia din que hai que agardar para saber como vai evolucionar.

Aínda non hai certezas, pero a situación é estable. Os irmáns do mozo viaxaron a Cuba para estar con el nestes momentos tan complicados. O Concello das Pontes mantense en contacto coas familias para axudar no que precisen.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade