Publicador de contidos

As Pontes recupera a tradicional Feira de Fungos e Cogomelos

As Pontes recupera a tradicional Feira de Fungos e Cogomelos

O cogomelo é un dos produtos estrela da gastronomía de outono

G24.gal 01/11/2021 15:44

Estes días a vila coruñesa das Pontes convértese na capital galega dos fungos comestibles.

Hoxe recuperase na vila a tradicional feira de Fungos e Cogomelos tras do parón obrigado pola pandemia. Mais de 30 anos servindo de encontro para o mundo da micoloxía e que busca poñer en valor este produto do noso monte e a súa importancia económica e, por suposto tamén gastronómica.

Exposicións, talleres e degustacións que converten As Pontes na capital micolóxica de Galicia.

Alí vense os mellores exemplares de cogomelos recollidos estes días no monte. Hai que decidir a cesta estrela da feira. O cogomelo é un dos produtos estrela da nosa gastronomía de outono e a súa versatilidade tanta como dea a imaxinación.

Este non está a ser un bo ano para a recollida. Pepe Guerreiro é o creador da feira das Pontes e poucos anos recorda coma este. Aínda así os expertos advirten das precaucións que debemos ter cando nos botamos ao monte.

Aínda hai tempo durante todo este mes de Santos para gozar das saídas ao monte e dunha boa mesa con cogomelos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos