As pinturas murais da igrexa de Santa María de Nogueira convértena na Capela Sixtina galega
Os frescos recollen diferentes escenas bíblicas dos evanxeos canónicos e tamén referencias a textos apócrifos
Mestúranse diferentes estilos na pintura, desde románico, gótico e renacentistas
O tempo é do románico tardío, século XII-XII, pero só conserva dese estilo o seu gran rosetón
Viaxamos ata a Ribeira Sacra luguesa para descubrir unha das xoias máis sorprendentes do patrimonio galego: a igrexa de Santa María de Nogueira, no concello de Chantada. Un templo románico que garda no seu interior unhas pinturas murais únicas. Uns frescos fan que sexa coñecida como a Capela Sixtina galega.
É pór un pé dentro da igrexa de Santa María de Nogueira e quedar abraiados coas súas pinturas murais, uns frescos únicos. Antonio Váquez Porto é o responsable de explicar a súa riqueza artística e guiar os turistas que visitan esta xoia do patrimonio galego.
Grazas ao labor da Asociación Cultural Capela Sixtina de Nogueira o interior do templo pode visitarse todos os días do ano, e con guía explicativa sobre os detalles artísticos das pinturas murais. Os frescos foron restaurados por Patrimonio no ano 2017 e o seu estado de conservación é excelente.
Un lugar único situado no corazón da Ribeira Sacra, no concello de Chantada.