Publicador de contidos

Publicador de contidos

As pesetas poden valer moitos euros en Internet

As pesetas poden valer moitos euros en Internet

Un ano despois de que o Banco de España deixara de cambiar pesetas por euros, a nosa antiga moeda de curso legal segue atopando valor entre coleccionistas

G24.gal 05/07/2022 21:17 Última actualización 05/07/2022 23:53

Xa pasou un ano dende que o Banco de España deixou de cambiar pesetas por euros, pero a nosa antiga moeda segue acadando moito valor en Internet.

Cunha simple busca, podemos atopar moedas ou billetes de pesetas que se venden por milleiros de euros.

En Wallapop ofertan unha peseta ao prezo de mil euros.

En eBay uns 130 euros por unha moeda de Franco.

E conta o valor histórico. Moedas e billetes reflectiron réximes políticos, correntes de pensamento modas e tendencias da sociedade. 

Con datos do ano 2020, había nas nosas casas uns 1.500 millóns de euros en pesetas. E moitos xa lles sacan novo rendemento.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade