As peaxes da AP-9 e da AP-53 soben un 4 % coa chegada do novo ano
As peaxes da AP-9 e da AP-53 soben un 4 % coa chegada do novo ano
Ir en coche por autoestrada de Ferrol a Tui custa case 24 euros
O traxecto completo da AP-53, de Santiago a Dozón, pasa a 6,40
Percorrer a autoestrada AP-9 de Ferrol a Tui custa desde hoxe case 24 euros. Da Coruña a Vigo, máis de 18. Entre Santiago e A Coruña, 7,50; e de Vigo a Pontevedra, 4,30.
Ocorre o mesmo coas peaxes da AP-53, que vai de Santiago a Dozón. Ata este sábado ir de punta a punta implicaba un desembolso de 6,15 euros. Hoxe hai que pagar 6,40.
É o resultado da suba do 4 % coa que se encarecen este 2023 as autoestradas estatais que atravesan Galicia. En realidade subiron máis do dobre pero o Goberno central optou por asumir nos seus presupostos o resto do gasto. Colectivos de usuarios falan de parche.
"É un parche porque estamos demorando a diferenza do 8,25 ao 4 % nos próximos anos e iso supón que os galegos imos pagar ese incremento si ou si", considera Diego Maraña, voceiro da asociación de consumidores En Colectivo.
O sector do transporte tamén critica a suba e puntualiza que estas autoestradas son das máis caras de España.