Publicador de contidos

Publicador de contidos

As ópticas informan de esperas moi longas para poder renovar as lentes de contacto

As ópticas informan de esperas moi longas para poder renovar as lentes de contacto

A explicación que lles dan as distribuidoras en España é rotura de stocks, isto é, que non teñen produto nos seus almacéns

G24.gal 30/11/2022 13:34

Problemas coas materias primas tanto das lentes de contacto como os seus envases; problemas tamén pola mingua da capacidade de produción dalgunhas empresas, especialmente do Reino Unido, que adelgazaron moito os seus cadros de persoal durante a pandemia; e problemas tamén no transporte, derivados tanto do 'brexit' como da guerra de Ucraína. Estes son algúns dos factores que se apuntan como posible causa das esperas que se están dando para conseguir renovar as lentes de contacto. É un problema que as ópticas arrastran desde comezos do verán. Afecta a varios laboratorios, varios modelos e diferentes graduacións.

"Temos pacientes que levan o mesmo tipo de lente de contacto nos dous ollos, pero con diferente graduación, e unha chégalle no prazo previsto, de dous días, e pola outra ten que esperar semana ou, no peor dos casos, meses. O problema é que os distribuidores o que nos din é que non as teñen dispoñibles, que teñen 'rotura de stock', entón están esperando a que lles cheguen máis do laboratorio. Algúns buscan ofrecer unha solución cun produto similar", explica Alexander Dubra, membro da Xunta de Goberno do Colexio de Ópticos e Optometristas de Galicia.

E noutros casos teñen que ser as propias ópticas as que busquen solucións, que non sempre son doadas. Entre as explicacións para o que sucede apúntase a múltiples factores na conxuntura internacional.

"A cadea de fabricación e distribución de lentes é moi longa entón se falla algúns dos elos, evidentemente, a cadea rompe. Entón pensamos que pode ser unha serie de varios factores que se xuntan para provocar esta situación que, desde logo, non é normal", explica Alexander Dubra, membro da Xunta de Goberno do Colexio de Ópticos e Optometristas de Galicia.

Por iso, advirten os pacientes para que encarguen con toda a antelación posible cando saiban que lles vai tocar renovar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade