As opcións de Copa do Breogán pasan polos partidos desta semana
Esta tarde xoga co Fuenlabrada e o xoves, co Joventut
A afección deberá presentar un certificado covid para acudir aos partidos
O Rio Breogán mídese esta tarde ao Fuenlabrada e o próximo xoves ponse ao día na competición recibindo o Joventut. Os dous partidos determinarán as opcións breoganistas. A afección deberá presentar un certificado covid para acudir aos partidos.
Agradecemos toda a difusión posible entre abonados para que ninguén baixe ao Pazo sen o seu certificado COVID. Grazas!! https://t.co/dSXQdSgnPX pic.twitter.com/s2Kx4j3VcR
— Río Breogán (@CBBreogan) December 27, 2021
Os lugueses chegan á derradeira semana do ano negociando a onda boa que o consolida como equipo revelación, xa disputadas 14 xornadas e cando poucos contaban.
Unha vitoria esta tarde no Pazo, achegaría aos lugueses aos postos de Copa do Rei, unha quimera hai uns meses e hoxe un obxectivo a tiro de pedra.
Este luns no #FogarDoBreogán... pic.twitter.com/bTRvjT2Z4s
— Río Breogán (@CBBreogan) December 26, 2021
O Fuenlabrada ten a baixa de Obi Emegano, segundo máximo anotador da ACB.
🏥 Obi Emegano no podrá jugar en el partido de hoy debido a una lesión muscular en el abductor derecho.
— Urbas Fuenlabrada (@BFuenlabrada) December 27, 2021
Su vuelta al trabajo con el equipo queda pendiente de la evolución de la lesión.#nadiedijoquefuerasencillo pic.twitter.com/zVA04pdK7W