Publicador de contidos

Publicador de contidos

As confrarías compostelás celebran o viacrucis xeral na catedral pola choiva

As confrarías compostelás celebran o viacrucis xeral na catedral pola choiva

Na Semana Santa de Santiago, declarada de interese turístico de Galicia, vanse celebrar durante estes días dezasete procesións

G24.gal 13/04/2025 17:08 Última actualización 13/04/2025 17:28

Na Semana Santa de Santiago, declarada de interese turístico de Galicia, vanse celebrar durante estes días dezasete procesións. A máis antiga ten as súas orixes no século XV.

A chuvia xa fixo acto de presenza e obrigou a celebrar o viacrucis xeral a cuberto. Na noite do sábado, as once confrarías compostelás tiveron que cambiar as prazas da zona vella pola catedral para celebrar o tradicional rito da Paixón de Cristo. 

Na Xunta de Confrarías están moi pendentes do tempo. No caso de que as precipitacións impidan que saian as procesións, algunhas poderán celebrarse con actos máis pequenos no interior das igrexas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade