Publicador de contidos
Publicador de contidos

As mariscadoras de Pontevedra, preocupadas pola mortaldade da cría de ameixa

As mariscadoras de Pontevedra, preocupadas pola mortaldade da cría de ameixa

Din que non teñen dabondo este ano para sementar as praias

G24.gal 10/04/2024 16:02 Última actualización 10/04/2024 16:33

Aumenta a preocupación entre as mariscadoras das Rías Baixas.

As de Pontevedra foron apañar cría de ameixa este mércores aos sementeiros de Campelo e confirmaron que a maior parte dese marisco morreu.

Agoiran un futuro pesimista, porque se ven sen cría suficiente para sementar nas praias.

E din sentirse máis decepcionadas aínda porque levan días retirando mexillón que o mar arrastrou ata as praias e que prendeu na area.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade