Publicador de contidos

Publicador de contidos

As farmacias van dispensar tests de antíxenos de balde para menores a partir do 19

As farmacias van dispensar tests de antíxenos de balde para menores a partir do 19

Haberá que agardar unha mensaxe do Sergas para recoller as probas

Van dirixidos á poboación infantil de entre cinco e once anos

G24.gal 11/12/2021 14:26

As farmacias galegas dispensarán de balde os autotests de antíxenos para poboación infantil que lles facilitará a Xunta contra o 19 de decembro. Están previstos para o grupo de entre 5 e 11 anos e haberá que agardar a recibir unha mensaxe para ir a por eles.

Con esta actuación prevese detectar menores asintomáticos sen vacinar que poderían contaxiar familiares ou persoas achegadas nas vindeiras festas do Nadal. 

O cribado é posible grazas á colaboración cos colexios farmacéuticos de Galicia. Só na provincia de Pontevedra fixéronse a través das farmacias 113.000 PCR pooling, ademais doutras de antíxenos. En total, detectáronse máis de 2.000 positivos.

As farmacias tamén están imprimindo certificados de vacinación mesmo de madrugada malia os custos que isto lles supón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade