Publicador de contidos

Publicador de contidos

As familias recollen sinaturas para que siga a busca dos desaparecidos

As familias recollen sinaturas para que siga a busca dos desaparecidos

A petición feita en change.org xa leva máis de 55.000 sinaturas

O domingo concentraranse na alameda de Marín para pedir que se reactive a busca

Contraste de emocións sobre a sorte dos náufragos entre familias e achegados

Sinaturas pola reactivación da busca dos tripulantes desaparecidos en Terranova
G24.gal 19/02/2022 20:03

As familias e amigos dos 12 tripulantes desaparecidos do Villa de Pitanxo seguen coa recollida de sinaturas para esixir que se continúe cos labores de busca en Terranova.

Ademais da campaña iniciada na plataforma dixital Change.org, onde se recolleron xa máis de 55.000 sinaturas, este sábado saíron á rúa en diferentes localidades de Pontevedra para pedirlle ao Goberno que se comprometa a retomar a busca con medios aéreos e que Canadá reactive a operación por mar, que foi suspendida debido ás condicións meteorolóxicas.

O domingo concentraranse na alameda de Marín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade