Publicador de contidos

Publicador de contidos

O último informe da CIAIM tamén responsabiliza a armadora do Villa de Pitanxo

O último informe da CIAIM tamén responsabiliza a armadora do Villa de Pitanxo

A maioría dos tripulantes non realizaran exercicios previos de abandono do barco en caso de emerxencia

Os traxes de supervivencia non foran revisados conforme á normativa, engade o texto dos peritos

G24.gal 05/05/2025 13:08

A CRTVG tivo acceso ao borrador do informe definitivo da CIAIM sobre o naufraxio do Villa de Pitanxo. Ademais de sinalar o patrón do buque, Juan Padín, como responsable do afundimento, o texto tamén apunta á empresa armadora do Villa de Pitanxo, o Grupo Nores.

O informe di textualmente que a maioría dos tripulantes non realizaran exercicios previos de abandono do barco en caso de emerxencia e que tampouco tiñan formación sobre os riscos de hipotermia que supoñía pescar en augas tan frías.

Ademais, engade que os traxes de supervivencia non foran revisados conforme á normativa. E cita como indicio de que o seu estado non era o axeitado o feito de que polo menos dous mariñeiros non foron quen de pechar por completo as cremalleiras do traxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade