Publicador de contidos

Publicador de contidos

As familias do Villa de Pitanxo non queren entrar en polémica coa armadora

As familias do Villa de Pitanxo non queren entrar en polémica coa armadora

Vigo lembrará as vítimas cunha placa, unha escultura e un concerto

G24.gal 11/01/2023 21:47

Os familiares dos mariñeiros do Villa de Pitanxo non queren entrar en polémicas coa armadora do buque.

Os avogados da empresa acusaron o supervivente Samuel Kwessi de mentir nas súas declaracións en sede xudicial.

As familias din que será o xuíz quen dea validez a todas as testemuñas e que só procuran a verdade sobre o naufraxio. 

Vigo lembrará as vítimas cunha placa, unha escultura e un concerto

Os familiares das vítimas reuníronse este mércores co alcalde de Vigo. Abel Caballero anuncioulles que  colocará unha placa “nun lugar significativo” da cidade en memoria das vítimas do Villa de Pitanxo, pero ademais erixirá unha escultura e organizará un concerto “para os efectos de que nunca máis se volva repetir algo igual”.

O obxectivo da reunión, segundo anunciaron os familiares das vítimas, era pedirlle ao alcalde que Vigo se unise a outras localidades que, como Marín, xa anunciaron no seu momento a colocación desa placa conmemorativa.

Segundo o rexedor vigués, o naufraxio do Villa de Pitanxo “é un feito da maior importancia” por tres razóns: “O dramatismo que ten un número tan alto de falecidos; segundo, porque é unha expresión da dureza da vida do mar, e terceiro porque ten que ser unha chamada de atención moi importante sobre a seguridade no mar”.

Caballero engadiu que as demandas dos familiares das vítimas son “unha chamada á conciencia colectiva” sobre a necesidade de incrementar a seguridade no mar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade