Publicador de contidos

Publicador de contidos

As estafas por Internet constitúen xa case a cuarta parte dos delitos cometidos en Galicia

As estafas por Internet constitúen xa case a cuarta parte dos delitos cometidos en Galicia

Os maiores son as vítimas perfectas polas súas dificultades coas novas tecnoloxías

A policía e as entidades bancarias están organizando charlas e talleres cos consellos básicos para que detecten os sinais de alarma 

 

G24.gal 23/02/2022 13:14

Cada vez é mais habitual. Nos últimos anos multiplicáronse por catro este tipo de delitos. O comercio en liña non para de medrar e pola rede móvense millóns de euros.

Precisamente aos maiores van dirixidas as charlas que se desenvolven na Fundación de Ourense.Aconsellan non dar nunca as claves privadas das contas ou tarxetas, non facilitar os datos na web e coidado coas descargas aínda que o enlace sexa dun remitente coñecido. Coidado tamén coas tentadoras ofertas telefónicas e cos grandes descontos en produtos.

Dino os expertos, os ciberdelincuentes aproveitan para conseguir os nosos datos e baleirar as contas. Poden chegar a controlar o noso ordenador, polo que ao final ao barato pode saírnos demasiado caro, aseguran. 

 As estafas por Internet constitúen xa case que a cuarta parte dos delitos cometidos en Galicia

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade